Cando orballa na miña terra
Orballa nos seus campos
As flores cambian de estame
Os montes cambian de manto
Cando orballa na miña terra
Orballa sobre os seus mares
As ondas senten tristura
Non poden vela paisaxe
Cando orballa na miña terra
Orballa nos seus lares
A xente acende a lareira
E un día de friaxe
Cando orballa na miña terra
Orballa na miña alma
Saíndo as pantasmas fora
Das morriñas e lembranzas
Cando orballa na miña terra
Orballa nos camposantos
As campás xa repenican
As suas alegrías e laios
Cando orballa na miña terra
Orballa nas suas pradeiras
Os camiños son lameiras
O ceo cubre as estrelas
Cando orballa na miña terra
Orballa nos sentimentos
Sacando a morriña fora
Coa que nacen os galegos
Cando orballa na miña terra
Orballa nas suas paisaxes
Sacando ese verde noso
Pra presumir da follaxe