Dáme unha mañá dalgún domingo
Onde amargo sexa o sorbo do café
Voltemos a ser homos e non sapiens
Espertémonos a hora de comer
A sociedade do deber anestesiada
Agora é a sociedade do poder
Producirei só emocións naqueles ollos
Que me observan con olleiras e un tremer
Dáme unha mañá dalgún domingo
Onde amargo sexa o sorbo do café
Imaxinemos realidades paralelas
Onde ninguén estea enfermo polo estrés
Gañe o tempo non facendo nada
Porque se a nada é todo o que tes
Conquistemos a quietude deste instante
Xa pensaremos en chegar a fin de mes
Dáme unha mañá dalgún domingo
Onde non sintamos culpa por pracer
Robots civilizados e humáns robotizados
Nesta era chea de redes sen tecer
Pasamos tanto tempo na procura
Do sentido desta vida e o seu fin
Que non nos chega o tempo pra vivila
E a resposta nunca chegaría así
Dáme unha mañá dalgún domingo
Onde amargo sexa o sorbo do café
Imaxinemos realidades paralelas
Onde ninguén estea enfermo polo estrés
Gañe o tempo non facendo nada
Porque se a nada é todo o que tes
Conquistemos a quietude deste instante
Xa pensaremos en chegar a fin de mes
Xa pensaremos en chegar a fin de mes