395px

En pé!

QFB

Irmáns! En pé, sereos
A limpa fronte erguida
Envoltos en brancura
Da luz que cai de riba
O corazón aberto
A toda verba amiga
E n-unha man a fouce
E noutra man a oliva
Validos de treidores
A noite da Frouseira
A patria escravizaron
Uns reises de Castela
Comestas pol-o tempo
Xa afloxan as cadeas
Irmáns asoballados
De xentes extranxeiras

Arredor da bandeira azul e branca
Arredor da bandeira de Galicia
Cantémol-o dereito
¡A libre nova vida!
¡A libre nova vida!
Ergámol-a bandeira azul e branca!
A ô pé da enseña da nazón galega
Cantémol-o dereito
¡A libertar a Terra!
¡A libertar a Terra!

Irmáns! En pé, sereos
A limpa fronte erguida
Envoltos en brancura
Da luz que cai de riba
O corazón aberto
A toda verba amiga
E n-unha man a fouce
E noutra man a oliva
Irmáns no amor â Suevia
De lexendaria historia
¡En pé! ¡En pé, dispostos
A non morrer sin loita!
O día do Medulio
Con sangre quente e roxa
Mercámol-o dereito
A libre, honrada chouza!

Arredor da bandeira azul e branca
Arredor da bandeira de Galicia
Cantémol-o dereito
¡A libre nova vida!
¡A libre nova vida!
Ergámol-a bandeira azul e branca!
A ô pé da enseña da nazón galega
Cantémol-o dereito
¡A libertar a Terra!
¡A libertar a Terra!

Arredor da bandeira azul e branca
Arredor da bandeira de Galicia
Cantémol-o dereito
¡A libre nova vida!
¡A libre nova vida!
Xa está ô vento a bandeira azul e branca!
A oliva n-unha man, a fouce n-outra
Berremos alto e forte
¡A nosa terra é nosa!
E non da celulosa!

Escrita por: Ramón Cabanillas