
Non Todo È O Que Parece
Aerolineas Federales
Eu coñecinte nun bar cando estabas a bailar
(Si, si, coñecichesme nun bar)
Acompañeite ao portal e me invitaches a entrar
(Si, si, viñeches ao meu portal)
E logo me abalancei e te biquei con paixón
(E che din un empurrón e no chan te deixei)
Non, non, non todo é o que parece, amigo
Hai que pensalo moi ben
Ai, ai, ás veces mete-la pata, tío
E todo sae ao revés
Inviteite a comer a un restaurante francés
(Si, si, invitáchesme a comer)
E gastei un diñeiral e brindamos con champán
(Si, si, tomamos moito champán)
E logo quixen probar a suavidá da tua pel
(E eu enriba che tirei a botella de champán)
Non, non, non todo é o que parece, amigo
Hai que pensalo moi ben
Ai, ai, ás veces mete-la pata, tío
E todo sae ao revés
E logo che regalei un perfume de Chanel
(E eu ao chan o tirei pois non me gusta ulir ben)
Non, non, non todo é o que parece, amigo
Hai que pensalo moi ben
Ai, ai, ás veces mete-la pata, tío
E todo sae ao revés
Non, non, non todo é o que parece, amigo
Hai que pensalo moi ben
Ai, ai, ás veces mete-la pata, tío
E todo sae ao revés



Comentarios
Envía preguntas, explicaciones y curiosidades sobre la letra
Forma parte de esta comunidad
Haz preguntas sobre idiomas, interactúa con más fans de Aerolineas Federales y explora más allá de las letras.
Conoce a Letras AcademyRevisa nuestra guía de uso para hacer comentarios.
¿Enviar a la central de preguntas?
Tus preguntas podrán ser contestadas por profesores y alumnos de la plataforma.
Comprende mejor con esta clase: