
O Aradiño
Fuxan Os Ventos
Labrado da miña mau
Fixen coa miña navalla
Un aradiño de pau.
Un aradiño de pau. (Bis)
Leva timón e chavella
E unha rella furadora
Feita cunha lata vella.
Feita cunha lata vella. (Bis)
Ten orelleira, rabela
Tan luída e rematada
Que namora mirar pra ela.
Que namora mirar pra ela. (Bis)
O meu arado e tan feito
Que pode incluso esfender
Labradíos a barbeito
Labradíos a barbeito. (Bis)
Teño xa que darlle éstreno
Ó meu arado arador,
Ó meu arado pequeno
Ó meu arado pequeno. (Bis)
E non sei ónde hei de ir
Buscar os bois que preciso,
Buscar os bois pra xunguir,
Buscar os bois pra xunguir. (Bis)
Labrado da miña mau
Fixen coa miña navalla
Un aradiño de pau.
Un aradiño de pau. (Bis)
Un aradiño de pau. (Bis 3)



Comentarios
Envía preguntas, explicaciones y curiosidades sobre la letra
Forma parte de esta comunidad
Haz preguntas sobre idiomas, interactúa con más fans de Fuxan Os Ventos y explora más allá de las letras.
Conoce a Letras AcademyRevisa nuestra guía de uso para hacer comentarios.
¿Enviar a la central de preguntas?
Tus preguntas podrán ser contestadas por profesores y alumnos de la plataforma.
Comprende mejor con esta clase: