vistas 16.778

O Carro

Fuxan Os Ventos


Non canta na chá ninguén
Por éso, meu carro canta
Canta o seu eixo tan ben
Que a señardade me espanta
Non hai canto tan fermoso
Fino coma un asubío
Anque é, as vegadas, saudoso
Faise no ar rechouchío
O meu carro é cerna dura
Sábese carballo e freixo
Qué fermosa e a sua feitura!
Qué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
Por onde meu carro pasa
Carrétame herba pro gando!
Traime a colleita pra casa!