Suscríbete
visualizaciones de letras 1.692

Teu Nome, Amarante

Luar na Lubre

Abre a porta vella
Da casa dos seus pais, e
Tórnalle as xanelas
E lava as mans no balde

Da unha volta á aldea
Chamábase Amarante.
No amencer só quedan
O nome e a soidade.

Meu namorado vai no río
Buscando a neve.
Meu namorado vai no río
Calmar a sede.

Lembrou as trabes de ouro
De cando nena.
E ergueu as grades altas
Onde caeran.

Marcharon todos de alí,
O tempo e a terra,
Pero a palabra estaba
No seu lugar.

E lousou con laxes novas a aira
E limpou de broza as viñas,
E inventoulle outra historia a Amarante
Para contar a unha meniña.

Abre a porta vella
da casa dos seus pais, e
tórnalle as xanelas
e lava as maos no balde.

Da unha volta á aldea,
Chamábase Amarante,
Pampanos, videiras,
Obradoiros e rapaces.

Meu namorado, vira o río
E calma a sede, si.
Meu namorado, vira o río
E volta a verme.

Béixanse as fronteiras
Nas casas do arrabalde,
Cantas as xanelas
O viño e os amantes

Fálalle aos sen terra
Do dereito a ocuparen
Barrios para a vida,
Palabras para a verdade.

E asi foi que esperou polos vivos
A lenda de Amarente.
E así foi que aguantou dos camiños
Teu nome, Amarante.

Escrita por: Bieito Romero, Xabier Cordal, Sara Vidal, Xabier Cordal Fustes, Patxi Bermudez, Xan Cerqueiro, Luar Na Lubre, Javier Ferreiro, Luar Na Lubre, Luar Na Lubre. ¿Los datos están equivocados? Avísanos.

Comentarios

Envía preguntas, explicaciones y curiosidades sobre la letra

0 / 500

Forma parte  de esta comunidad 

Haz preguntas sobre idiomas, interactúa con más fans de Luar na Lubre y explora más allá de las letras.

Conoce a Letras Academy

¿Enviar a la central de preguntas?

Tus preguntas podrán ser contestadas por profesores y alumnos de la plataforma.

Comprende mejor con esta clase:

0 / 500

Opciones de selección